top of page

Acceso a 4º curso de grao elemental

Sabes tocar algún instrumento e tes coñecementos previos?
 

- Chama ao conservatorio para calquera dúbida e consulta na páxina do CMUS se hai prazas dispoñibles para o curso que queiras acceder.

 

- Fai a matrícula para a proba.

 

- A proba de acceso consistirá en dous exercicios:

  • Interpretación co teu instrumento de dúas obras de libre elección e dunha lectura a vista proposta polo tribunal. Consulta na páxina do centro os criterios da especialidade.

  • Exercicio teórico-práctico de Linguaxe musical, una lectura rítmica, una pequena entoación, un ditado e algo de teoría dos contidos do curso anterior ao que se accede. Consulta a Programación do curso 3º GE.

Criterios de avaliación do exercicio teórico-práctico

Acceso aos outros cursos de Grao Elemental

  • Executar correctamente as fórmulas rítmicas con precisión rítmica e con fluidez na lectura de notas nas claves traballadas en Sol en segunda y Fa en cuarta.

  • Manter o pulso constante durante a realización dos exercicios e en períodos breves de silencio.

  • Entoar unha melodía ou canción tonal con ou sen acompañamento, nas tonalidades traballadas ao longo do curso, aplicando indicacións expresivas.

  • Executar unha lectura dun fragmento rítmico atendendo ás indicación metronómicas e ás equivalencias indicadas con ou sen cambios de clave.

  • Realizar unha boa emisión vocal fundamentada na respiración costodiafragmática.

  • Identificar auditivamente e reproducir por escrito ditados que conteñan as dificultades traballadas no curso.

  • Empregar unha boa caligrafía na escritura musical.

  • Expresar verbalmente ou por escrito os conceptos teóricos traballados no curso e demostrar su comprensión aplicándoos a exercicios sinxelos.

Algúns recursos interesantes para preparar a proba de Linguaxe Musical

O libro deste curso académico para 3º GE:

  • Ritmo. Jesús Tordesillas Herrero. Ed. Si Bemol

  • Lenguaje Musical Melódico 3. Varios autores. Ed. Si Bemol

bottom of page