top of page

Preguntas frecuentes

1. Idade para entrar


Ao 1º curso do Grao Elemental (curso inicial) pódese acceder con 7-8 anos, pero os/as menos/as teñen que cumprir os 8 anos antes de decembro dese ano no que comeza (coincide co 2º curso de Primaria) e ata os 14 anos.

 


2. Un adulto pode empezar dende cero?


Non. Debe acceder ao Grao Profesional xa, co que ten xa una proba específica e conleva coñecementos previos.

 


3. Cantos días e horas á semana?


Durante os catro primeiros anos son 4h lectivas á semana, que poden cadrarse en 2 ou 3 días. Xa no Grao Profesional a carga é maior e pode incrementarse ata 3 ou 4 días á semana.

 


4. Canto custa? Hai mensualidades? Existe pago fraccionado?


O GE custa arredor de 150€ o curso completo, e o GP arredor de 260€. Pódese fraccionar en dous pagos.

 

 

5. O/A alumno/a ten que mercar instrumento propio?


En moitas das especialidades hai servizo de préstamo para facilitar o acceso ao alumnado a instrumentos cun custo maior. Pagaríase una couta anual en concepto de alquiler/seguro e tramítase na secretaría do centro. É recomendable que o alumnado conte con instrumento propio, pero hai facilidades para comezar sin mercalo dende o principio.

 


6. Pódese acceder a outro curso que non sexa primeiro?


Sí, poderíase acceder a calquera dos cursos do GE ou do GP. Hai que chamar á secretaría e informarse.

 

 

7. Cando se escolle instrumento? Desde o principio?

 

Á hora de facer a inscrición para as probas de acceso ao 1º curso de GE, escollerase un instrumento. Se finalmente se aproba, poden pasar dúas cousas: hai vacantes suficientes e obtense praza na especialidade desexada; ou non hai prazas vacantes, e convocaráselle a una reunión na
que se lle informará das especialidades que sí contan con vacantes, por se desexa optar a alguna delas.

 

 

8. En que consiste a proba de acceso a 1º GE? Precisa preparación previa nunha academia?

 

Consiste nunha proba con varios apartados, no que o xurado fará una serie de exercicios que o aspirante deberá repetir/imitar. Algúns serán rítmicos (exercicios coas palmas), outros melódicos (pequenos fragmentos entoados), e outros de coordinación (ritmos de percusión combinada: palmas/pernas/pés…).
Non é preciso ter coñecementos previos, nin preparala de xeito específico nunha academia. Ademais o conservatorio, nas xornadas de acceso, facilita a asistencia a unas sesións teórico-prácticas nas que se traballan exercicios similares sin costo algún para as familias.

 

 

9. Pódese facer a proba para 1º e 2º curso de GE nun mesmo ano?

 

Sí. Non hai incompatibilidade.

 

 

10. Pódense escoller e comezar dous instrumentos ao mesmo tempo?

 

Non. Non se poden comezar dúas especialidades ao mesmo tempo. Pero sí, cando un xa cursa una especialidade, pode cursar una segunda, pero sempre cun curso mínimo de diferenza entre elas (e convalidaránselle as materias que xa cursara anteriormente).

​

 

11. Na cualificación da proba de acceso, tense en conta a idade dos cativos?

 

Sí, hai un baremo para favorecer ao alumnado de menor idade fronte aos maiores. O alumnado de 7/8 anos ponderarase a súa nota ao 100%.

 

 

12. Se ao neno/a coincídelle a proba con outra actividade e non pode vir ese día, poderá facela noutro momento?

 

Non. É una proba única con tribunal e única convocatoria. De quedaran vacantes dispoñibles, extraordinariamente podería xurdir outra convocatoria no mes de setembro.

 

 

13. É obrigatorio vir todos os días á clase?

 

A asistencia é obrigatoria e hai perda de avaliación continua ante as faltas reiteradas. Nese caso, habería a opción de avaliarse mediante un exame ao final de trimestre/curso.

 

 

14. Se aproba o acceso, inda hai que facer a matrícula ou xa estaría dentro?

 

Sí, una cousa é a matrícula para a proba de acceso e outra a matrícula do curso académico.

 

 

15. Hai descontos na matrícula?


Hai becas, descontos por Matrículas de Honra, descontos para familias numerosas, discapacidade ou violencia de xénero.

bottom of page