Acceso a 2º curso de grao elemental
Sabes tocar algún instrumento e tes coñecementos previos?
1º- Chama ao conservatorio para calquera dúbida e consulta na páxina do CMUS se hai prazas dispoñibles para o curso que queiras acceder.
2º- Fai a matrícula para a proba.
3º- A proba de acceso consistirá en dúas partes:
-
Interpretación co teu instrumento de dúas obras de libre elección e dunha lectura a vista proposta polo tribunal. Consulta na páxina do centro os criterios da especialidade.
-
Exercicio teórico-práctico de Linguaxe musical, unha lectura rítmica, una pequena entoación, un ditado e algo de teoría dos contidos do curso anterior ao que se accede. Consulta a Programación do curso 1º GE.
Criterios de avaliación do exercicio teórico-práctico
Acceso aos outros cursos de Grao Elemental
-
Executar correctamente as fórmulas rítmicas con precisión rítmica e con fluidez na lectura de notas nas claves traballadas en Sol en segunda y Fa en cuarta.
-
Manter o pulso constante durante a realización dos exercicios e en períodos breves de silencio.
-
Entoar unha melodía ou canción tonal con ou sen acompañamento, nas tonalidades traballadas ao longo do curso, aplicando indicacións expresivas.
-
Executar unha lectura dun fragmento rítmico atendendo ás indicación metronómicas e ás equivalencias indicadas con ou sen cambios de clave.
-
Realizar unha boa emisión vocal fundamentada na respiración costodiafragmática.
-
Identificar auditivamente e reproducir por escrito ditados que conteñan as dificultades traballadas no curso.
-
Empregar unha boa caligrafía na escritura musical.
-
Expresar verbalmente ou por escrito os conceptos teóricos traballados no curso e demostrar su comprensión aplicándoos a exercicios sinxelos.
Algúns recursos interesantes para preparar a proba de Linguaxe Musical
O libro deste curso académico para 1º GE:
-
LENGUAJE MUSICAL SEM 1: Teoría-Audición y RitmoEntonación. Impromtu Editores S.L.